Sunday 12 de May de 2024

O Concello licita a obra de creación do paseo fluvial do rego de San Pedro


O Concello sacou a contratación no día de hoxe a obra de construción do paseo fluvial do rego de San Pedro por importe de 2.993.049 euros, que se financiarán entre o presente e o próximo exercicio. As empresas terán desde ata o día 13 de xuño para presentar as súas ofertas, estando prevista a adxudicación da obra para o día 16 de xuño.

Este paseo irá desde Iñás ata o Seixal, terá unha lonxitude de 4 km, contará cunha senda para peóns e ciclistas paralela ao río e con amplas 3 áreas de acceso dotadas de diferentes servizos. O obxectivo da actuación é o de favorecer a mobilidade non motorizada, así como a posta en valor deste entorno fluvial, fomentando a sustentabilidade ambiental, económica e social.